martes, 11 de enero de 2022

CURSO 2021-2022

 Ola Nen@s!! 

Cómo estades??? Xa está estamos de volta na biblio. Este ano, como xa sabedes, o virus aínda non deixa que todo sexa coma antes. Por iso, os nosos amigos "Os Lectovisitantes" volveron as nosas clases cargadiños de libros para o plans lectores e os prestamos.


 

Tamén temos de novo as mochilas viaxeiras camiño das vosas casa cargadiñas de diversión!

Esperemos que pronto volvamos a normalidade e usemos a biblioteca coma sempre.

Unha aperta enorme do voso amigo Nino!

 

lunes, 21 de junio de 2021

Chegando o final do curso...

Ola nen@s!

Que tal estades?? Xa estamos chegando o final do curso. Chega o verán e desexo que o pásedes xenial!

O próximo ano o meus amigos os lecto-visitante e máis eu estamos desexando que volvades e poidades visitarnos na biblio.

Seguide lendo no verán que aínda hai moitas aventuras por descubrir.

Para rematar o curso deixovos o enlace para que vexades  os video-contos que fixestes este ano con sobre unas maravillosas cientícas e tamén a homenaxe o científico que da nome ó noso cole.

Video-contos

Deica o curso que ven!!!

Nino


 

 

martes, 15 de junio de 2021

Día do libro

 Ola nen@s!!!

Quería pasarme por aquí para agradecervos a axuda no mural do día do libro. 

Encantoume ver cales eran os vosos libros preferidos e o bonitas que decoráchedes as bolboretas para o noso GRAN LIBRO!


 

Quedou moi fermoso!!!

Unha aperta!

Nino


 

miércoles, 2 de junio de 2021

Biblioteca Central Juan Compañel

Ola Nen@s!

Todos os anos íamos visitar a biblioteca Central Juan Compañel con algunhas clases (1º,3º e 5º) para coñecer como funciona e todas as cousas que podemos facer sendo socios.

Convidámosvos a que a visitedes cando poidades (seguindo as normas COVID que indican). 

Para os que vos fagades socios ou xa o sexades, teñen moitos recursos dixitais ós que podedes acceder dende tablets, teléfonos,etc.

Aquí tedes a súa páxina web para que fagades unha visitiña virtual: Biblioteca Juan Compañel

Unha aperta!

Nino



martes, 1 de junio de 2021

BIBLIO 2020-2021

 Ola nen@s! Como estades??

Este ano xa sabemos que non está sendo nada fácil polas máscaras, distancias, desinfeccións,etc.

A biblio, como todo, tamén tivo que cambiar. Incluso eu, o trasno dos libros, tiven que facer un grande esforzo posto que o que máis me gusta no mundo é que me visitedes na biblio.

Este ano a cosa no puido ser así, salvo cando vides a informática ou buscar información.

Pero, por outra banda, fixemos uns novos amigos: Os lectovisitantes!!! Que chegaron dende a galaxía dos libros para levar a vosas clases un montón de libros nas caixas lectoras.




Espero que o próximo ano podamos estar de novo na bilio coma sempre. Mentras seguide pedindo as vosas suxerencias para as caixas. Os nosos amigos extraterrestres estarán encantados de levalas ata vós, sempre que sexa posible.

 Moitas grazas por seguir lendo! 

O voso trasno lector 

Nino