Ola nen@s! Como estades??
Este ano xa sabemos que non está sendo nada fácil polas máscaras, distancias, desinfeccións,etc.
A biblio, como todo, tamén tivo que cambiar. Incluso eu, o trasno dos libros, tiven que facer un grande esforzo posto que o que máis me gusta no mundo é que me visitedes na biblio.
Este ano a cosa no puido ser así, salvo cando vides a informática ou buscar información.
Pero, por outra banda, fixemos uns novos amigos: Os lectovisitantes!!! Que chegaron dende a galaxía dos libros para levar a vosas clases un montón de libros nas caixas lectoras.
Espero que o próximo ano podamos estar de novo na bilio coma sempre. Mentras seguide pedindo as vosas suxerencias para as caixas. Os nosos amigos extraterrestres estarán encantados de levalas ata vós, sempre que sexa posible.
Moitas grazas por seguir lendo!
O voso trasno lector
Nino
No hay comentarios:
Publicar un comentario